27 de agosto de 2007

PUBLICADA A MODIFICACIÓN DA LEI DA FUNCIÓN PÚBLICA DE GALICIA

No DOG de hoxe sae pblicada a Lei 13/2007, de modificación da Lei 4/1988, de función pública de Galicia. No preámbulo deste disparate lexislativo, totalmente inútil agás para os altos cargos da Xunta, di que "a garantía dos principios constitucionais de acceso ao emprego público é un obxectivo irrenunciable na nosa sociedade democrática". Sería para rir, se non fose para chorar. No mesmo prámbulo tamén expón que "a racionalización e a modernización do emprego público son, sen dúbida, unha necesidade para facer efectivo o dereito a unha «boa administración» dos asuntos públicos, ao servizo dos cidadáns edas cidadás nunha sociedade democrática avanzada".
A continuación explica as modificacións que se inclúen na Lei, a excepción dunha célebre disposición adicional, da que se limita a dicir "Así mesmo, créase unha nova disposición adicional décimo sétima". Supoñemos que a vergoña non lles permitiu escribir ós lexisladores do PP-PSOE-BNG nin unha verba máis sobre o asunto.

A Lei entrará en vigor o 16 de setembro e nace morta. Tan morta nace que se creará unha comisión no Parlamento para adaptala, nun prazo de quince meses, á Lei Básica do Empregado Público, en vigor desde maio pasado. O único que está vivo é a disposición adicional 17, que lle garante ós altos cargos da Xunta un complemento de destino de director xeral durante toda a súa vida como funcionario. A CGT intentará parar a aplicación desta disposición e ten os seus servizos xurídicos estudando como meterlle o dente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo