3 de agosto de 2016

Devolución da extra de 2013 en agosto

Acábanse de ditar instruccións para a devolución da parte devengada do específico da paga extra de xuño de 2013 (meses de xaneiro e febreiro). este importe vai ser devolto automáticamente na próxima nómina do mes de agosto.
O sistema de devolución será similar ás efectuadas coa paga de 2012, debendo os interesados que no estean en nómina facer a reclamación correspondente.
Estas instrucións modifican as que se ditaron para a devolución do último prazo da paga do 2012, establecendo que ésta tamén se devolverá en agosto.
A explicación da devolución é sinxela: xa se sabe cando son as eleccións autonómicas e Feijóo non ía deixar pasar a oportunidade de intentar arañar algún voto entre os empregados públicos. O destes políticos non ten nome.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo