13 de maio de 2012

La Xunta e o software libre: outra mentira

Que o gabinete de propaganda da Xunta -chámanno gabinete de prensa- é un fato de mentiráns xa o sabiamos. Pero o que non esperabamos é a fachenda que lle votaron na nota de prensa -rápidamente reproducida polos xornais sen facer ningún tipo de contraste- referida á utilización do software libre na administración autonómica.
Di a nota de prensa que a Xunta aforrou, no periodo 2010-2011, nada menos que dous millóns e medio de euros pola implantación de software libre e que este está instalado xa no 94% dos equipos. A realidade dista bastante destas afirmacións, meramente de autobombo, dos gobernantes galegos.
E cal é a realidade? Pois bastante distinta:

  • O sistema operativo utilizado na Xunta é o Windows, pagado con bos millóns a Bill Gates.
  • As aplicacións da Xunta xeran os documentos en software comercial (principalmente o Office de Microsoft), polo que hai que seguir pagando licenzas.
  • É certo que a Xunta instalou en casi todos os ordenadores as aplicacións de LibreOffice, pero non se utilizan precisamente porque as plantillas das aplicacións automatizadas e integradas son de Microsoft Office.
  • A EGAP imparte cursos de OpenOffice, pero non de LibreOffice, que é o software libre instalado.
En fin, unha manchea de embustes para consumo dos acólitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo