11 de xullo de 2012

A perda salarial dos empregados públicos é un roubo

Esta mañá, Mariano decidiu meter as mans nos petos dos traballadores. Parados e funcionarios foron, nesta ocasión, as vítimas do seu atraco. A baixa salarial dos traballadores públicos é, en termos anuais, dun 7,11%, unidos ás conxelacións e baixas decididos por Zapatero.
Picando aquí  pódese acceder a un documento no que se recolle unha táboa indicativa da evolución salarial dos traballadores da Xunta nos últimos vinte anos. Nela podemos observar, entre outras "curiosidades", que se o noso salario perdía no ano 2009 un 7,97 % cn respecto ao ano 1991, este ano a perda chegará ao 23,62%. Isto quere dicir que nos terían que subir un 30,92% as retribucións para equipararse coas do ano 1991 en capacidade de compra.
Mañá, en Santiago, haberá unha reunión urxente de todos os sindicatos. É imprescindible a recuperación da unidade na mobilización esquecida nos últimos meses. Os traballadores están indignados e esixen unha resposta contundente e urxente. Non os fagamos esperar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo