31 de xullo de 2012

Reunión da plataforma sindical da área pública de Galicia

Celebrouse onte unha reunión da plataforma, na que se plantexaron algunhas cuestións sobre o acontecido ata o de agora.
A CGT comezou propoñendo que as pancartas fosen en orde distinta, dado que non era razoable que a pancarta da plataforma, con todas as organizacións, fose detrás da pancarta dos sindicatos chamados maioritarios. Esta proposta foi rexeitada.
En canto ás mobilizacións futuras, quean como segue:
  • Durante o mes de agosto, concentracións de delegados diante das subdelegacións do goberno os venres que haxa Consello de Ministros. Estas concentracións están convocadas exclusivamente por CC.OO., UGT e CIG. A pesar dalgunhas intervención, entre elas a da CGT, que propoñían manter as mobilizacións unitarias diante dos centros de traballo, éstas foron desbotadas.
  • Manifestación unitaria en Santiago de Compostela o 8 de setembro. Neste punto, a CGT volveu a pedir que o "unitarismo" se plasmase na cabeceira da manifestación, pero a proposta volveu ser rexeitada. 
En definitiva, perdeuse unha importante ocasión de facer que a unidade na mobilización, tan reclamada polo conxunto dos traballadores e pregronada por algunhas organizacións sindicais, fose unha realidade efectiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo