13 de abril de 2009
Xa empezamos co de sempre
No Faro de Vigo aparecen unhas declaracións do deputado Pedro Puy, "man dereita do presidente electo" (cantas mans dereitas pode ter un home?) nas que fala de racionalizar e axilizar a xestión, reestruturando a distribución dos traballadores públicos para cubrir os departamentos nos que agora o cadro de persoal é escaso, sacándoos de onde sobran. Isto, que é fácil de dicir, supón que haberá que volver modificar as relacións de postos de traballo (moitas delas recién aprobadas), sin deixar á parte a obrigada modificación da Lei da Función Pública Galega, aprobada polo bipartito sen ter en conta o estatuto Básico do Empregado Público.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Outro recorte mais aos mínimos dereitos que conservamos como traballadores. A nova xunta pretende darlle un bo meneo a administración, anticipando xa medidas coma o plan de pensións (co pésimo resultado que está dando na administración estatal), reestructuracións, etc, etc.
ResponderEliminarO que me da mais rabia, e que creo que si o poden facer, pois o artigo 81 do EBEP si o contempla (mobilidade forzosa)http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/l7-2007.t5.html#a81
Coma sempre, eu non espero nada dos sindicatos maioritarios, neste sentido, creo que a guerra está perdida e as medidas que pretendan impoñer so van encontrar resistencia cara a consecución de maiores prebendas para os de sempre.
Por outro lado, gustariame que alguen me dixese se a modificación da RPT de educación segui o procedemento establecido e se é legal o establecemento do horario especial para todolos subalternos, e tamén por que o persoal que presta servizo nos centros de ensino non está incluido na revisión médica da xunta de este ano.