19 de outubro de 2011

Contra a nova conxelación salarial


O proxecto de presupostos da Xunta de Galicia para o ano 2012 mantén a conxelación salarial, ademáis de manter a taxa de reposición do persoal nun 10% e a conxelación do Fondo de Acción Social.
Ista decisión é un novo ataque aos dereitos dos traballadores que, ademáis de ver diminuidas as súas retribucións nun 5% o ano 2010 e a conxelación salarial no ano 2011, segue perdendo poder de compra ante a incremento dos prezos (a taxa interanual do IPC está no 3,4%).

Para a CGT, os traballadores non temos máis saída que a protesta e a mobilización e non dar por boas as excusas dos políticos en canto ás dificultades do país. Os traballadores non temos a culpa e sabemos que, nestes momentos, hai uns grupos determinados de poderosos que se están beneficiando da situación e aos que non se lles esixe ningún sacrificio.
Non admitamos este nove recorte e dispoñámonos á loita. Se agardamos a que os políticos traian as solucións, imos aviados!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo