28 de xaneiro de 2011

Folga Xeral: o sindicalismo combativo aínda está vivo

A pesar do bloqueo informativo, a pesar das manobras da Xunta de Galicia para intentar ilegalizar a nosa convocatoria e a pesar das actuacións antisindicais de empresas como Renfe ou Adif, o sindicalismo combativo saíu á rúa co suficiente pulo como para demostrar que hay un importante sector da clase obreira que non está durmida e que é capaz de facerlle fronte ás agresións dos poderosos. Se non pode dicir ¿para que sirveu? Para dúas cousas: evidenciar aínda máis a traizón de CC.OO.-UGT (onte racháronse carnés destes sindicatos) e para dar azos a aqueles que, coma nós, pensamos que temos dereito a unha vida mellor, merecente de ser vivida.
A CGT demostrou onte a súa capacidade ao convocar -soa ou con outros sindicatos- Folga Xeral en Cataluña, en Galicia, en Navarra e noutros lugares e que, a pesar do entreguismo de quen non é merecente de que os volvamos nomear, a paz social non está asinada polo conxunto da clase obreira.
En canto ao resto, é hora de plantexarse a asunción ou rexeitamento efectivo dun sistema político que non é máis que a correa de transmisión dun sistema económico inxusto, depredador e que só responde ás necesidades e esixencias dos poderosos. Nesas estamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo