- 1. Promover a convocatoria e celebración dunha Folga Xeral antes do día 28 de xaneiro, para poñer fin ás continuas agresións que estamos sufriendo os traballadores e o conxunto da sociedade a mans do goberno; en particular, a última Reforma Laboral, xa en vigor, a persistencia de máis de catro millóns de traballadores en paro e a ameaza global ao sistema de pensións.
- 2. Actuar para que a dita convocatoria sexa o más unitaria posible, incorporando a mobilización á maior parte dos traballadores e ao conxunto das organizacións sindicais de clase. Por esta razón, a CGT de Galicia fai un chamamento a todos os sindicatos de Galicia a que sumemos fuerzas co obxectivo común de enfrentarnos, en defensa da clase obreira, contra a intolerable situación actual e impidamos a consumación das medidas antisociais anunciados polo goberno e a clase política.
- 3. Aceptar como data de referencia para a realización da Folga Xeral a do 27 de xaneiro, tal e como xa foi proposto por outras organizacións sindicais, tanto de dentro como de fóra de Galicia.
5 de xaneiro de 2011
A CGT de Galicia acorda a convocatoria de Folga Xeral
O Comité Confederal da Confederación Xeral do Traballo (CGT) de Galicia, reunido en plenaria o día 5 de xaneiro en Pontevedra, adoptou os seguintes acordos:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Confederación Xeral do Traballo

Moi boa decisión.
ResponderEliminarAgora tócanos a todos traballar para que sexa un éxito.
Adiante a loita da clase obreira !!!