A isto lle temos que engadir as subas xa anunciadas para este ano: a enerxía eléctrica, o gas, o transporte, o pan... todos produtos de primeira necesidade.
E que pasa cos funcionarios? Para que nos fagamos unha idea, picando aquí temos acceso a unha táboa que amosa a evolución salarial dos empregados públicos da Xunta de Galicia nos últimos 20 anos. A bote pronto, podemos facer as seguintes observacións básicas:
- Os salarios reais son equivalentes aos do ano 2005; é dicir, perdemos todo o que nos incrementaron no complemento específico da extra e nos fondos adicionais da Xunta, así como parte do complemento de destino.
- Para ter o mesmo poder adquisitivo que hai 20 anos, deberíannos subir un 18,65 % de golpe, polo menos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario