13 de novembro de 2012

Polas nubes

O IPC subiu un 0,8 no mes de outubro, polo que a taxa interanual se coloca no 3,5%. Esta suba é debida, en gran parte, pola decisión do goberno de facer unha suba xeralizada do IVE, incluidos moitos produtos básicos. Con esta suba, a perda de poder de compra dos empregados públicos vese agravada considerablemente, tendo en conta a eliminación da paga extraordinaria de decembro e a conxelación prevista para o ano que ven.
Por outra parte, cada vez hai máis base para a preocupación sobre a paga compensatoria dos pensionistas, aos que se lle subiran as pensións nun 1% e, polo tanto, aos que lles falta aínda un 2,5% para manter o seu poder adquisitivo. Cada vez é maís posible a utilización do índice recién inventado para estas ocasións, o IPC-IC, que suporía que aos pensionistas se lles subiría un 0,5%, sisándolles 2 puntos de suba que lles corresponde legalmente.
En fin, outro motivo máis para non ir traballar mañá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo