23 de novembro de 2012

Demandas contra os recortes

A Federación Estatal de Traballadores da Administración Pública (FETAP) da CGT decidiu impugnar xurídicamente a Instrución Conxunta da Secretaría de Estado de Administracións Públicas e da Secretaría de Estado de Presupostos e Gastos, para a aplicación do Título I do Decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de Medidas para garantir a estabilidade presupostaria y de fomento da competitividade no ámbito do sector estatal. Terase en conta a supresión da paga de nadal, a normativa sobre a IT, a merma de permisos e vacacións, e cantas disposicións encadradas no dito Decreto-lei atenten contra a normativa superior vixente.
Posteriormente farase a impugnación do acordo da Mesa xeral de negociación da Administración Xeral do 29 de outubro de 2012 publicado no BOE o día 14. Nel estanse conculcando gravemente a Lei Orgánica de Liberdade Sindical, o Estatuto dos Traballadores e a Lei de Prevención de Riscos Laborais, entre outras normativas.
Estas accións legais non impiden as reclamacións que se realicen ante actos individuais contra calquera traballador derivados de ambas disposicións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo