Se os fillos de puta voaran, algún xa ten méritos dabondo para ser xefe de escuadrilla
Luis Linde, gobernador do Banco de España, aliñouse desde sempre cos sectores máis insaciables da patronal, con aqueles que teñen na perda de dereitos e condicións de vida do pobo, dos traballadores, como a súa máxima filosofía de vida.A penúltima é as medidas que propón para a reactivación económica e -como non!- as solucións son as do econonomista de pouco proveito dos seus estudios ou a do tendeiro que calquera tropezón o amaña subindo os prezos. As propostas deste enimigo do pobo son as seguintes:
- Adiantar a aplicación da reforma das pensións, retrasando a idade de xubilación. Xa vemos que é unha idea creativa e acorde coa súa capacidade profesional, que non coa súa responsabilidade institucional.
- Que os empresarios poidan facer contratos fóra de convenio. Como é lóxico na lumbrera, os contratos serán con condicións peores que as do convenio, non parecéndolle suficientes as cláusulas de inaplicación de convenio existentes.
- Deixar fóra da garantía do Salario Mínimo (645 euros ao mes por unha xornada completa) aos colectivos de traballadores máis afectados polo paro (xoves e parados de longa duración). É dicir, que o parado, que é o que está máis fastidiado, pague non só a cama, senón a vaselina, mentras o empresario de turno segue disfrutando do produto da explotación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario