21 de maio de 2013

Recorte aos empregados municipais. O resto, xa veremos

Entre as medidas de recorte que se enviaron a Bruselas está a intención do goberno de establecer topes aos complementos específicos dos empregados dos concellos, atendendo a "criterios de eficiencia". Se non se cumplen estes criterios, a xestión dos servizos pasará ás deputacións ou, incluso, ás autonomías.
Temos que ter en conta que este chamado axuste non ten nada que ver co establecemento de criterios de non discriminación ou de xustiza, senón que é unha simple medida que suporá o aforro de 870 millóns de euros. Tamén implica que, unha vez confirmado o éxito da medida, non se vaia tomar unha semellante co resto dos empregados públicos, incluidos os autonómicos.

O que supón unha burla para todos é a afirmación de que isto non suporá un recorte para os funcionarios municipais, senón unha unificación de complementos. Pero, alguén pode crer que se poden aforrar 870 millón en soldos sen baixalos? Pode alguén imaxinar que se van unificar os soldos igualándoos por arriba?
Todos estamos no obxectivo destes lampantíns e non podemos mirar para outro lado porque agora "non nos toca a nós". Sempre podemos ser os seguintes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo