- Dotar aos servizos de atención con persoal suficiente que reduza os tempos de espera interminables que hai en moitas dependencias públicas, evitando a desesperación das persoas que agardan pola súa quenda
- Abandono, por parte do goberno, da criminalización dos empregados públicos, aos que se lles fai responsables da crise e aos que se presenta como inimigos do resto dos cidadáns
- Cesamento da política de recortes nos servizos públicos, que fai que os cidadáns non atopen axuda ou solucións aos gravísimos problemas sociais que padecen e reaccionan contra o empregado público, representante dunha administración que consideran inimiga nese momento
- Formación específica aos empregados públicos que os dote das habilidades axeitadas para superar situacións de tensións cos cidadáns
24 de xullo de 2013
Protocolo contra as agresións aos empregados públicos
Ante a noticia de que o goberno está preparando un protocolo contra o alarmante incremento das agresións aos empregados públicos, a CGT da Xunta considera que hai que facer a reflexión de que o goberno, en vez de facer tantos estudios e marear a perdiz, debe tomar medidas favorecedoras das relacións entre o empregao público e o cidadán. Estas medidas sinxelas eliminarán o 95% das agresións e son as seguintes:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Confederación Xeral do Traballo

Ningún comentario:
Publicar un comentario