5 de xullo de 2013

Discriminación nos horarios

A Xunta de Galicia, a través da Dirección xeral de Xustiza, ven de asinar un acordo cos sindicatos representativos da Administración de Xustiza referido a xornada e horarios que ten unhas novidades de interese para o resto do persoal ao servizo da Administración Autonómica.
Estas novidades podémolas resumir así:
  • A semana laboral é de 37,5 horas. Os funcionarios dos xulgados ficharán a través do sistema Kronos (coma o resto), pero o seu marxe de cortesía será de 30 minutos diarios (o do resto é de 10 minutos. Isto converte a xornada laboral en 7 horas en vez de 7,5 horas diarias.
  • Os funcionarios de Xustiza poderán acumular o exceso das 7 horas diarias -non sobre as 7,5 horas- para conseguir ata 3 días anuais de ausencia sen xustificación. Isto supón que acadarán 6 días de asuntos particulares en vez dos 3 do resto de persoal.
Ante este acordo -non publicado- a CGT manifesta que é un agravio e unha discriminación para o persoal da Administración Autonómica, máxime cando o control horario é o mesmo e quen asina -Dirección Xeral de Xustiza- forma parte da Xunta de Galicia e, polo tanto, esixe que se apliquen ao persoal da Xunta de Galicia as mesmas condicións que a Xunta acordou para o persoal da Administración de Xustiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo