8 de xullo de 2013

Hoxe decaen 1.300 convenios

A partir de hoxe terá efectos unha das medidas máis salvaxes da reforma laboral: deixan de ter efectos os convenios que leven máis dun ano sen renovar. Esta situación afecta a casi dous millóns de traballadores e implica que pasarán a depender dun convenio de ámbito superior e, se non existe, que pasarán a depender do básico indicado no Estatuto dos Traballadores. Destes convenios que deixan de ter eficacia, casi 400 son convenios no ámbito das administracións públicas e podería supoñer que moitos traballadores pasen a percibir o Salario Mínimo Interporfesional, é dicir 645,30 euros mensuais.
Para a CGT, os dereitos adquiridos son intocables, con o sen convenio, e polo tanto, cuestións básicas como o salario ou a xornada débense respectar aínda que non se teña asinado o novo convenio.
Evidentemente, os empresarios e as administracións públicas intentarán aproveitarse da situación e rebaixar as condicións laborais dos traballadores.
A esta situación nos levou este goberno infame: á perda de dereitos, ao conflito continuo e á miseria e desastre xeralizados. A solidariedade e a organización da clase obreira é hoxe máis necesaria que nunca. E pola CGT non vai quedar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo