22 de novembro de 2013

O Estado todopoderoso

En canto os poderosos atopan resistencia aos sue plans, utilizan toda a forza das institucións do Estado para manter os provilexios de caste. E cando a represión policial, as multas, as leis ordinarias non lles parecen abondo, comezan a xustificar a necesidade de utilizar a lexislación extraordinaria para protexer os seus intereses e levar os seus proxectos ata a fin.
Isto é o que está a pasar na actualidade. Nun contexto de contestación xeralizada ás intencións de desmantelamento absoluto dos dereitos laborais e sociais, e como os porrazos, as pelotas de goma, as multas dislatadas, as detencións e condeas disparatadas non son suficientes, o goberno decide o endurecemento da lexislación en dous ámbitos esenciais. Así está sacando adiante a Lei orgánica de seguridade cidadá, que nos converte a todos en posibles destinatarios do poder represivo do Estado, porque quén non participa en concentracións cecáis non legalizadas? Quen non colgou nas redes sociais
imaxes de uniformados zoupando na xente? A quen non se lle foi a lingua contra armarios de tres corpos que cumprían co seu deber?
A segunda iniciativa é o anuncio de Mariano de favorecer unha Lei reguladora dos servizos mínimos. Derrotados polos traballadores da limpeza madrileña, os poderosos intentan recortar unha lexislación que xa é a máis restritiva de Europa e que xa permite os servizos mínimos máis abusivos do continente. Para os traballadores, esta debe ser a demostración da forza que podemos ter. Só desde o medo do poder se pode interpretar este novo intento de ataque a dereitos que, segundo din, están amparados pola Constitución.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo