19 de abril de 2013

Teletraballo e horario

É intención da Xunta a implantación do teletraballo e dun novo réxime de xornada laboral para o persoal da Administración Autonómica, no momento de que se está xeralizando o sistema do control horario ao través do Kronos.
Se non hai retrasos, a partir de finais de maio ou principio de xuño, implantarase a posibilidade da xornada flexible, que suporá que parte do horario poderase efectuar mediante a modalidade de compensación horaria ata acadar a semana laboral de 37 horas e media (40 horas no caso do persoal con especial dedicación).

O sistema, que aínda está por negociar definitivamente, consiste en que o persoal adoptará un horario determinado: o xeral (que é o actual, entre as 7:45 e as 15:15), o flexible ou os horarios especiais. O flexible consiste nunha parte fixa (de 9:00 a 14:00) e outra para compensar, que irá entre as 7:00 horas e as 18:30, para completar o horario.
Xa ía sendo hora que a Xunta adoptara este método, habitual xa desde hai anos noustras administracións e vendida hoxe por Feijóo coma se descubrise o Pacífico. Hai más de 20 anos que se ven reclamando.
Mención á parte é a cuestión do teletraballo: a CGT xa se manifestou contraria a este sistema xa que considera que debe haber unha separación neta entre a vida laboral e a non laboral, que non se pode estar permanentemente vencellado ao traballo e que a perda de contacto entre os traballadores só pode propiciar consecuencias negativas para o conxunto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo