3 de abril de 2013

Lembrando unha mentira máis

Todos recordamos aquel momento no que Feijóo anunciou que o ano 2013 os empregados públicos íamos cobrar as pagas extras incompletas e que non íamos percibir o complemento específico nelas. Todos recordamos tamén aquela frase de que non nos podiamos queixar porque íamos cobrar máis que no ano 2012.

Pois ben, no está de máis que lle botemos un vistazo a Lei de orzamentos do ano 2013 e á Orde de confección de nóminas na que figuran as retribucións que imos percibir nas pagas extraordinarias. Nela aparece, como se pode ver na imaxe o recorte real nas pagas é superior ao específico, dado que se diminúen tamén as básicas (soldo e trienios) co respecto ás mensualidades normais. O desconto (á parte do específico) no soldo vai desde 5,46 euros do grupo C2 ata 424,69 no grupo A1, e nos trienios desde 0,17 ata 16,34 euros por cada trienio, dependendo tamén do grupo de pertenza.
O roubo e a mentira é a práctica habitual do goberno autonómico, a ratería o seu método, a desvergoña o seu estado habitual. Debemos seguir denunciano, protestando, berrando, avergoñalos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo