1 de agosto de 2013

As vítimas, a Xunta e os recortes

A Xunta de Galicia fixo publicar hoxe, e toda páxina -a dereita, que é máis cara- en toda a prensa -a galega e a non galega- unha nota de agradecemento ao persoal que actuou no accidente ferroviario de Compostela e, de paso, facerlle a pelota á familia real e resto de poderosos que se achegaron a saír na foto da catástrofe.
Á CGT lle parece obsceno e unha burla que, tras os recortes nos salarios e nas pagas extras que sufriu o persoal, a Xunta faga este exercicio público de cinismo e que despilfarre os cartos que incautou aos empregados públicos en salvas e foguetes, nunha campaña de autobombo noxenta.
Desde este sindicato reclamamos a reposición dos dereitos cercenados e a devolución dos cartos roubados. Ese é o único agradecemento que agardamos e non verbas valeiras que supoñen máis unha aldraxe que unha satisfacción.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo