7 de agosto de 2013

Insaciables

O vicepresidente económico da Comisión Europea, Olli Rehn, ven de defender a posición do Fondo Monetario Internacional que pide que os salarios dos traballadores españois baixen un 10% para conseguir rebaixar o paro. O perigoso desta postura é, precisamente, que ven das instancias europeas e xa sabemos que o goberno español é "sensible" ante os titiriteiros comunitarios.
O que non explica nin o FMI nin a Comisión Europea é como é posible que o paro aumentara gravísimamente mentres os salarios baixaban un 20% ou máis, como nestes últimos anos; tampouco explica aquén se lle van vender eses produtos máis competitivos que produciremos, se as familias non teñen recursos e están afogadas, para así baixar o paro; nin moito menos explican se os empresarios poñerán tamén a súa parte para facer a economía española máis "competitiva".

O ínclito Olli non se cortou nada en advertir á patronal e aos sindicatos que, de rexeitar a proposta, «cargarían sobre sus hombros con una enorme responsabilidad nacional por los costes sociales y humanos». Como a patronal xa dixo que está de acordo -non faltaría máis- a culpa recaerá -¡como non!- sobre os traballadores e as súas organizacións por non "colaborar" no xenocidio.
En cando aos empregados públicos, estamos nunha posición perfecta para facer de exemplo para o resto dos traballadores, polo que non sería raro que fóramos os primeiros en ver aplicada a medida na nosa pelella. Sexa como sexa, a resposta xa non pode ser un tímido paro de 24 horas, senón a axeitada a unha situación de necesidade de defensa propia contundente e prolongada no tempo. Outra cousa serían foguetes de cores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo