25 de setembro de 2013

Rajoy, un vacilón

O presidente do goberno, presuntamente Mariano Rajoy, ven de anunciar que, durante os anos 2013 e 2014, os empregados públicos cobrarán as pagas extras completas. Así, para este señor, é unha gran cousa que os traballadores cobren, en cartos reais, no ano 2014, un 20% menos que no ano 2010, e o presenta como un gran trunfo da súa política económica.
Claro que, no medio do trunfalismo, o presunto presidente do goberno esquéncese de que hai algunha parte dos seus gobernados que nin iso: en Galicia, os empregados públicos volverán sufrir, no ano 2014, un recorte medio dun 40% nas pagas extras por decisión do señor Feijóo, que decidiu que era máis listo que o señor Rajoy e que os traballadores públicos galegos teñen máis tragadeiras e menos necesidades que cubrir que os do resto do Estado.

Pois temos que dicirlle ao presunto presidente do goberno que os empregados públicos queremos o que é noso: a devolución da capacidade de compra, os crtos roubados, as pagas extras expoliadas, os días de vacacións e permisos laminados, as retribucións durante as enfermidades e todos os dereitos que configuran un emprego de calidade e deixar de ser os servos que agora somos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo