5 de setembro de 2013

Novo borrador da orde de horarios

A Xunta presentou un borrador novo da orde de horarios e xornada, que presenta novidades co coñecido anteriormente. Para coñecer o borrador podedes picar aquí.
 As notas máis salientables son: 
  • Establécense dous tipos de xornada: 37,5 horas como semana laboral ordinaria e 40 horas para o persoal que teña especial dedicación.
  • Consta tamén que haberá xornada de verán entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, aínda que sen especificar máis.
 Sobre o horario flexible:

  • Por razóns de conciliación da vida familiar: entre as 7:30 e as 18:30 fixarase un horario de referencia para cada caso, procurando establecer unha franxa de obrigada presenza. O horario de referencia poderá superar ás 18:30 horas -como máximo ata as 20:00 horas, se o centro ou o edificio está aberto. O cómputo será mensual.
  • Flexibiliación automática: os funcionarios que o desexen e non estean no suposto anterior, terán unha parte fixa entre as 8:30 e as 14:30. O resto poderá completarse desde as 7:30 ás 8:30 e das 14:30 ata as 18:30. Tamén se poderá prolongar ata as 20:00 horas como no caso anterior. O cómputo será mensual. Esta modalidade se considera aceptada se non hai denegación nos 15 días seguintes á petición, e os empregados deben comunicar a franxa flexible para a planificación do traballo.
Sobre a compensación:
  • Os que non teñan horario flexible, disporán de 30 minutos diarios de marxe para compensar os retrasos.
  • Os que teñan horario flexible poderán compensar o mes seguinte os incumprimentos do horario en cómputo mensual.
  • As ausencias e faltas de puntualidade ou permanencia non xustificadas darán lugar a deducción de haberes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo