13 de xuño de 2013

O informe dos sabios, deseñado desde o goberno

O informe dos "expertos" que fixeron o informe sobre a reforma das pensións é un absoluto fraude. A única intención do goberno é a de conseguir unha rebaixa das pensións, utilizando como escusa o incremento da esperanza de vida. Para ponderala, incluise no sistema de cálculo un chamado "factor de sostebilidade" que, lóxicamente, debería cinguirse a valorar a incidencia que a situación demográfica podería producir nas pensións futuras (todo iso sen entrar a valorar pola nosa parte a inxustiza da medida). Pois ben: os chamados "sabios" ou "expertos", dóciles mandados do goberno, incluiron non só a esperanza de vida, senón que o "factor de sostebilidade" inclúe tamén conceptos como a situación económica e as posibilidades presupostarias, e eliminan como factor de revisión o IPC, que era o que se viña facendo na lexislación actual.

Que pasa entón coas pensións? Pois que os "expertos" fixeron ben o traballo e consiguen exactamente os obxectivos que o goberno viña buscando:
  • Rebaixa xeralizada das pensións, actuais e futuras.
  • Cumprimento coas esixencias de Bruxelas, conseguindo aumentar o prazo para o cumprimento do déficit.
  • Fomentar a idea da necesidade dos fondos privados de pensións, rachando coa posibilidade de que sistema actual acadase pensións solidarias e suficientes.
O desmantelamento do sistema de pensións non afectará só ás pensións derivadas da Seguridade Social, senón tamén ás do sistema de Clases Pasivas, que verán tamén reducidas notablemente as súas contías. Para a CGT, este ataque aos máis indefensos é merecente dunha resposta contundente, que devolva aos resoponsables e aos seus cómplices á cova de ladróns de onde sairon.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo