21 de xuño de 2013

Perigo: nova reforma administrativa

Cada vez que un goberno se plantexa unha nova reforma administrativa, os empregados públicos corremos perigo, ben sexa nos nosos dereitos ou, incluso, nos propios postos de traballo.
Non contentos cos sucesivos recortes (baixa de soldos, eliminación de dias de libranza, pagas extras, recortes nas IITT, despedimentos colectivos nos laborais, amortización de prazas, oferta pública de emprego inexistente salvo para policías e similares), o goberno ten preparadas unha batería de 217 medidas para "alixeirar" a administración. Entre outras, aí van algunhas:
  • Eliminación de organismos autonómicos que consideran duplicados: tribunais de contas, defensores do pobo, axencias de protección de datos, axencias eutonómicas de enerxía, axencias de meteoroloxía, órganos de inspección de aeroportos, servizos cartográficos, institutos de opinión, órganos de defensa da competencia e, así, ata 90.
  • Supresión o fusión de 57 organismos do Estado, como o Consello da Xuventude e entidades varias da Seguridade Social.
  • Creación de "bolsas de funcionarios" para movelos alí donde eles digan, incluso cambiándoos de Administración.
Estas son alguhas das medidas que temos diante do fociño. O desmantelamento total dos servizos públicos será un feito e debemos loitar contra el.

Se queres ver o informe completo, pica aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo