18 de marzo de 2013

Compatibilización da pensión e dun traballo para os empregados públicos

O pasado sábado apareceu publicado no BOE o Real-decreto lei que permite a compatibilización dun traballo coa pensión, reducindo esta nun 50% e podendo exercer a metado da xornada laboral nun traballo. Esta medida non afecta só aos traballadores do sector privado, senón que tamén afecta aos empregados públicos, dado que, no caso dos laborais e dos funcionarios que estean no réxime xeral da Seguridade Social, a lexislación é a mesma que no sector privado e, no caso dos funcionarios suxeitos á normativa de Clases Pasivas, a norma modifica a lexislación existente para favorecer a posibilidade de compatibilización.
Neste caso, o persoal afectado será todo aquel que causara baixa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2009 e só poderán ser compatibles aqueles cuxo haber regulador acadara o 100%.

Endurécense tamén os requisitos para acceder á xubilación anticipada, que se establece en dous anos antes da idade ordinaria de xubilación, idade que irá subindo cada ano ata chegar aos 67.
O Estado pretende así aforrar 5.000 millóns de euros anuais. Evidentemente, o Estado chámalle aforro ao que non é máis que un novo recorte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo