15 de febreiro de 2013

Feijóo, mentirán

A modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar é a proba máis palpable de que o goberno de Feijóo non ten escrúpulos á hora de tomar as medidas que sexan necesarias para seguir desmantelando o sector público galego. A modificación supón a desaparición de 251 postos de traballo e o despedimento dos laborais indefinidos que ocupen estes postos.
Temos que recordar as mentiras que hai neste ERE encuberto:
  • Feijóo afirmou, no seu momento, que nunca se utilizaría na Xunta o Real decreto 1483/2012. Pois ben, esta norma é base para a decisión do goberno autonómico.
  • Feijóo dixo que os recortes servirían para que non houbese despidos. Poi ben, temos recortes e despedimentos.
  • Feijóo asegurou que nunca habería despedimentos. Pois be, aí están.
Non podemos admitir que os nosos compañeiros sexan despedidos. Esta medida non é máis que a primeira tanda do que pode vir detrás se non lle facemos fronte.
Non queremos máis mentiras, nin recortes, nin despidos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo