8 de febreiro de 2013

Juan Rosell, o animal bautizado

O presidente da patronal, Juan Rosell, retratouse a si mesmo e á CEOE coas declaracións efectuadas nun encontro con periodistas.
O mastuerzo, ao que a voracidade lle arriconu a careta, dixo que a enquisa de poboación activa (EPA), non se corresponde coa realidade e que hai moitos menos parados que o que di dita enquisa. Istodio a pesares de que a EPA é considerada como o mellor barómetro da situación laboral e que é aceptada internacionalmente.


Di o lúcido don Juan que sobran, ademáis, 400.000 empregados públicos (supoñemos que para a EPA cadre coas súas clarividentes observacións) e que habería que mandalos para casa cun subsidio en vez de que estivesen consumindo papel e teléfono.Renunciamos a dicir onde pensamos que habería que envialo a él para non encher o blog de improperios. Tamén di que os datos do INEM están inflados por que hai quen se apunta e non ten intención de traballar, pero o fai a ver se cae algo. Toda unha lección de sensibilidade social a que ofreceu o cabrón encorbatado.
Volveu á carga cos minitraballos para a xuventude, por debaixo do convenio, por suposto e rematou a súa intervención con afirmacións dunha altura digna dun catedrático de filosofía: "Al final las cosas que son posibles son posibles y las que son imposibles son imposibles" e "La política es la política".
Juan Rosell non é nin máis nin menos que a representación xenuina do empresariado español: voraz, explotador, insaciable e desprezador dos traballadores dos que vive e, por certo, moi ben. Desde a CGT terá o trato que axeitado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo