12 de decembro de 2013

Queremos as nosas pagas

O goberno ven de anunciar, a través do ínclito Antonio Beteta, Secretario de Estado das Administracións Públicas, a súa de decisión de recorrer ao Tribunal Constitucional as decisión de calquera administración que decida devolver aos empregados públicos a parte das paga extraordinaria de decembro de 2012 que fora devengada con anterioridade á publicación da norma que a eliminaba. Pretende así frear as decisións de varios concellos e comunidades autónomas (Extremadura e Castela e León) que acordaron facer o reintegro de ditas pagas aos seus empregados tras sentencias que así o obrigaban.
Só queremos recordarlle a Beteta e ao goberno que os empregados públicos temos reducidos os nosos ingresos desde o ano 2010, que tras a redución decidida por Zapatero, do que tampouco nos esquecemos, levamos varios anos de conxelación e reducións específicas como a decidida por Feijóo en Galicia e que cumprir as sentenzas xudiciais é algo esixible non só aos comúns mortais senón tamén aos gobernos, do que
el forma parte.
Queremos as nosas pagas eliminadas, non só a súa volta senón tamén a recuperación do roubado; queremos as nosas subas destes anos; queremos tamén o noso Fondo de Acción Social; queremos a eliminación dos recortes salariais en caso de enfermidade; queremos os nosos días de libre disposición; queremos as nosas vacacións. E, mentres non nolos devolvades, darémosvos a lata diante dos nosos centros de traballo, na rúa, nos panfletos e nas redes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo