12 de maio de 2010

A rebaixa dos soldos xa é un feito!

Zapatero ven de anunciar, no Congreso, a rebaixa nun 5% dos soldos dos empregados públicos a partir do mes de xuño, entre outras medidas. Dixo que a rebaixa sería proporcional, aínda que non explicou en que consistirá a proporción. Outras medidas son a conxelación das pensións e a eliminación do cheque-bebé.
Para a CGT xa non hai escusas para a mobilización e reclama dos sindicatos chamados maioritarios que se poñan mans á obra xa.
Como sempre, a crise a pagamos os traballadores, aínda que os gobernos se chamen socialistas obreiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo