14 de maio de 2010

Unidade e mobilización

Hai xa varios meses que, tanto desde organizacións empresariais e financieiras como medios de comunicación, indentificábase como unha medida imprescindible para a superación da actual crise a baixada dos salarios dos empregados públicos. Os poderosos apuntan e ogoberno dispara.
Máis o mesmo día en que se anunciaron as medidas de recortes salariais inmediatas, os medios de comunicación aínda dicían que os funcionarios se tiñan que acostumar a ser solidarios. Máis?
Somos o único sector de traballadores que, desde o ano 1991, perdeu poder adquisitivo, chegando esta perda a significar en 2002, case un 17%. Durante as crises económicas sufrimos conxelacións salariais, pero cando a situación económica é de boanza nunca nos foron compensadas. Durante os últimos 20 anos tan só en 2008 e 2009 reducíuse a tendencia; debe ser poriso que agora, en 2010, volvemos á situación de sempre: os primeiros en pagar a crise, os traballadores e traballadoras públicos.
Pero o peor aínda está por chegar. No ano 2011 é máis que previsible que asistamos a un repunte da inflación, este repunte mesturado coa baixada de salarios e a conxelación prevista vais producir unha perda de poer adquisitivo como nunca vimos en máis de 20 anos.
Fronte a estas medidas preguntámonos: que vai pasar co plus de altos cargos? A redución proporcional anunciada por Zapatero, com vai ser de proporcional? Como é posible que mentras se teña decidido estas medidas claramente regresivas para os empregados públicos, se nos diga que se vai estudar posibles accións a tomar coas rendas máis altas? O goberno o ten claro, o primeiro os recortes dos empregados públicos e a conxelación salarial, os ricos xa veremos.
Emporiso, o que está suceder non é totalmente sorprendente xa que, cando a finais de 2009, asinouse por parte de CC.OO., UGT e maís CSIF o acordo retributivo do aumento salarial do 0,3% que, na práctica, supuxo unha baixada das nosas retribucións de 20 € mensuais de media, a CGT dixo que, tendo en conta o artigo 38.10 do Estatuto Básico do Empregado Público, cabería agardar que este non chegara a cumprirse. Evidentemente, isto tamén o tián claro as organizacións sindicais asinantes.
É máis, lembrade que o aumento do 0.3% fora xustificado dicindo que tiñamos que ser solidarios e que, en todo caso, conseguiríase, a cambio, a instauración dunha cláusula de revisión salarial. Onde queda agora esta cláusula?
Sexa como fora, non é tempo agora de división. Todas as organizacións sindicais, maioritarias ou non, debemos facer un esforzo de entendemento que posibilite dar unha resposta común e unitaria a esta agresión a todos os traballadores do sector público. Esta unidade, pensamos, é unha demanda do conxunto dos traballadores da Administración.
Por dignidade, porque xa está ben de que sexamos sempre nós os que sufren as conxelacións e baixadas de salarios, so hai unha resposta: Folga!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo