Os ladróns xa entraron nas nóminas dos empregados públicos e, á falta da concreción oficial no BOE (débelles dar vergoña dar os datos completos), a información é parcial e contraditoria. De momento, sácanse as seguintes conclusións provisorias:
Grupo Recorte básicas
A1___ 7%
A2___ 5,75%
C1___ 4,5%
C2___ 2,75%
A.P.__ 0,56%
En canto ás complementarias, dependerá de decisións de cada administración e as noticias falan tanto dun recorte "liñal" do 5% para todos como dun recorte progresivo entre o 1 e o 5%. Tamén estará directamente afectado o persoal laboral e o estatutario, aínda que, de momento, non afectará ás empresas públicas.
Seguiremos informando cando haxa informacións máis precisas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario