12 de maio de 2010

Os recortes nos soldos no horizonte

Ante os insistentes rumores (moitos deles interesados politicamente) de que Zapatero anunciará recortes nos soldos dos empregados públicos, a CGT ten que manifestar, como non pode ser doutra maneira, o seu absoluto rexeitamento a que se intente aplicar esta medida, aínda que se plantexe unha diminución selectiva segundo o nivel salarial. Igual que cando hai subas seguimos esixindo que se reduza o abano salarial, non podemos admitir que esta redución do abano se faga minguando os salarios máis altos, nunha medida de marcado tinte electoralista.
Os traballadores temos que ir preparándonos para as mobilizacións que se aveciñan. Só con éstas conseguiremos parar a agresión que se prepara.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo