31 de xullo de 2015

Acadamos as máis altas cotas da miseria

O goberno de Rajoy anunciou a suba do 1% nas retribucións dos empregados públicos a toda mecha. Os medios xa se encargaron de espallar a nova e todos contentos. Poucos fan a conta de que, coa suba, cobramos menos (moito menos) que no ano 2010, ano no que se rebaixaron os soldos un 5%, sen contar que non houbo subas nos anos seguintes.
Por outro lado, anunciase a devolución, aínda a prazos, da paga extra de decembro de 2012. Esta devolución obriga só á Admnistración Central, quedando a devolución do goberno galego a expensas dos seu propios intereses electorais. No caso de Feijóo, permanece mudo ante a redución, propia de Galicia, dos específicos nas pagas extras.
Tamén falan da devolución dun día por asuntos particulares ata chegar a tres. E tamén do reintegro de 3 días por antigüidade, sen especificar se son este ano ou non. Neste caso, só está garantido o día de asuntos particulares, pero é de esperar a aplicación tamén en Galicia dos días por antigüidade.

Anuncian o incremento da taxa de reposición ata o 50% como algo magnífico, cando en realidade supón que non se cubrirám todas as prazas e que continuarán a deteriorarse os servizos públicos.
Finalmente, falta por recordar a incautación feita en Galicia do Fondo de Acción Social, que, para moitos era unha axuda importante (estudos, gastos médicos, xubilación, vivenda, etc.). Esta partida durme o sono dos xustos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo