7 de agosto de 2015

Cantas veces nos van devolver a paga do 2012?

Feijóo ven de anunciar a devolución, antes de fin de ano, dountro 25% da paga extra expropiada no ano 2012. Segundo o presidente da Xunta, os emrpegados públicos recibiremos uns 400 euros de media, dado que a economía da Xunta vai estupendamente.
A continua reiteración destas noticias por parte dos gobernos de Rajoy e Feijóo en unha burla que roza a indignidade. Facer campaña política e propagandística do asunto é non ter vergoña porque, en definitiva, a incautación da paga foi decisión dos mesmos que agora presentan como unha gran cousa a devolución.
Feijóo esquece, por outro lado, que os empregados da Xunta (e só os da Xunta), levamos desde o ano 2013 coas pagas extraordinarias mermadas polo lado do complemento específico e non hai ningunha perspectiva nin anuncio non xa de recuperación, senón de reposición dos importes previos aos recortes. Remataremos así o ano 2015 con 6 pagas extraordinarias consecutivas capadas.

Xoga Feijóo a poñer aos empregados públicos sempre na picota da opinión pública, axitando a envexa irracional, presentando unha imaxe de traballadores ben tratados e ben pagados, cousa que está, en moitos casos, alonxada da realidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo