Pois aos negociadores polas dúas partes, querémoslles recordar o seguinte:
- A suba que se está barallando -entre o 0,5 e o 1,5 %- é totalmente insuficiente, tendo en conta que, nos últimos 5 anos, os empregados públicos perdemos más do 25% de capacidade de compra
- A recuperación da paga extra non é ningunha concesión, é un dereito que chegaron a recoñecer por lei. Por outro lado, que o estado faga a devolución ata o 75% non garante que Feijóo faga o mesmo. Só temos que ter en conta que, na Administración Central, xa hai dous anos que recuperaron as pagas completas mentras que en Galicia continúan capadas.
- En canto aos días de libre disposición, non só hai que reivindicar os días de asuntos propios -moscosos-, senón tamén os que se engadiron por antigüidade e ás vacacións e que se cepillaron alegremente. Neste caso, o goberno galego terá que aplicar o que se acorde na Administración Central.
- En Galicia, Feijóo fixo desaparecer o Fondo de Acción Social. Este fondo non se recuperará negociando en Madrid, senón presionando a Feijóo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario