22 de xullo de 2015

A voltas coa produtividade e a eficacia

Volve Beteta, o Secretario de Estado das Administracións Públicas, no medio das conversas sobre as condicións de traballo do ano 2016, á carga coa presunta necesidade de premiar aos empregados públicos que sexan eficientes e traballen ben, e en función da consecución de obxectivos. Non faltará quen se sume a aplaudir esta medida, pensando que así os que máis traballen cobrarán máis que os presuntamente vagos e deixados.
En primeiro lugar, queremos recordar que a lexislación actual ten suficientes mecanismos para vixilar o cumprimento das súas obrigas por parte dos empregados públicos e que, se non se poñen en marcha, é por puro desinterés da propia administración.
En segundo lugar, ningún garante que a asignación de obxectivos, e a súa avaliación, sexa xusta e razonable. En ningunha organización empresarial -e o criterio de cumprimento de obxectivos ten mási que ver coa empresa privada que coa Administración Pública- os obxectivos son doados de conseguir. Con toda seguridade, os incentivos económicos o serán para un mínimo número de persoas, e con criterios que terán que ver máis coa arbitrariedade que coa xustiza.

En terceiro lugar, non é razoable que se cobre máis ou menos en función de criterios indeterminados, senón  por criterios obxectivos: grupo de pertenza, antigüidade, destino, específico, etc. Sempre a administración ten suficientes mecanismos para remover ao traballador que non cumpla coas súas obrigas.
En definitiva, esta idea obedece a seguir metendo criterios de empresa privada nas administracións públicas. Pensar que isto vai ser mellos para os traballadores é un erro; a experencia debería ser suficiente para desconfiar destes profetas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo