28 de decembro de 2012

Oferta de emprego público ridícula

O DOG do día de hoxe publica a oferta de emprego público para o ano 2012 (xa non era sen tempo), unha oferta que supón, de feito, un novo recorte nos servizos públicos dado que trae consigo unha diminución real de efectivos. A oferta resúmese no seguinte:

Acceso libre (10 prazas)
  • Corpo superior (Escala de finanzas - A1): 3
  • Corpo de xestión (Escala de finanzas - A2): 7
Promoción interna corpos xerais (124 prazas)
  • Subgrupo  A1: 10
  • Subgrupo A2: 15
  • Subgrupo C1: 50
  • Subgrupo C2: 39
Procesos consolidación 2009 e 2011 (19 prazas)
  • Enxeñeiros industriais A1 (2009): 1
  • Biólogos A1 (2011): 3
  • Enxeñeiros técnicos agrícolas A2 (2009): 10
  • Enxeñeiros técnicos industriais A2 (2011): 3
  • Axudantes de arquivos, bibliotecas e museos A2 (2011): 1
  • Subinspectores de consumo C1 (2009): 1


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo