27 de xaneiro de 2012

A CGT considera o Acordo Patronal-CC.OO.-UGT un roubo aos traballadores


O Secretariado Permanente da CGT ven de facer público o seguinte comunicado:

 "LA CGT CONSIDERA ÉTICAMENTE REPUGNANTE EL ACUERDO FIRMADO POR CCOO – UGT CON LA CEOE Y CEPYME
 Este Acuerdo sobrepasa cualquier criterio de racionalidad y todas las “líneas rojas” que el sindicalismo debe tener presentes, ya que, con este Acuerdo, las y los trabajadores somos los responsables de la crisis y por tanto tenemos que pagarla...
El 25 de Enero de 2012, hemos conocido el texto completo del “II Acuerdo para el empleo y la negociación colectiva 2012, 2013, 2014” pactado y firmado por la patronal CEOE y CEPYME con los sindicatos institucionales CCOO y UGT. El documento abarca , entre otros, aspectos relativos a la Estructura de la negociación colectiva, Flexibilidad, Empleo, Formación, Teletrabajo, Criterios en materia salarial, Inaplicación negociada en la empresa de determinadas condiciones de trabajo pactadas en los convenios colectivos sectoriales...

5.273.600

Este é o número de parados, segundo a Encosta de Poboación Activa do cuarto trimestre. 1.575.000 é o número de fogares con todas as persoas no paro.
Xa se apresuraron os voceiros e pesebreiros do poder a explicar que o goberno actual tomou posesión o 22 de decembro e que a culpa é de ZP.
Nós apresurámonos a dicir que nos importa tres pepinos quen goberne. A contestación e a protesta deben ser os nosos argumentos.

Feijóo anunciou novas medidas

Feijóo non indicou a que afectarían estes novos recortes, pero "pedirá" "algún sacrificio a algúns colectivos" e que "arrimen o ombro (sic)". Indicou tamén que os sindicatos serán os primeiros en saber os recortes.
A Xunta está estudando a redución dos días por asuntos particulares e dos complementos por baixas por incapacidade temporal, así como o copago nas prestacións farmacéuticas.

24 de xaneiro de 2012

Sempre disposto a asinar

CC.OO.-UGT está a piques de asinar un acordo salarial coa patronal que supón unha suba salarial para o ano 2012 do 0,5% e do 0,6% para 2013 e 2014. Como se esto fora pouco para os empresarios, tamén se pactou unha cláusula de descolgue para as empresas que vaian mal, que non terán que aplicar esta suba.
O que non se sabe é que o que gañan os traballadores na necociación. Secreto do sumario.

O PP anuncia máis sacrificios

Estes sacrificios, para quen? Segundo Pedro Puy, o portavoz do PP no Parlamento Galego, a situación é complicada e "haberá que tomar decisións adicionais que, esperemos que, como ata o de agora, non afecten o mantemento do núcleo duro do estado do benestar". Tamén dixo que o axuste pode traer "maiores esforzos e sacrificios á Administración e aos empregados públicos".
O que non dixo Pedro Puy é ata onde pensan chegar, cal é a parte branda do estado do benestar que si pensan tocar e que sacrificios se lle pensan impoñer a uns empregados públicos aon que se lles leva conxelado o soldo máis dun ano despois dun recorte nas retribucións.

20 de xaneiro de 2012

Sobre as baixas por enfermidade

A Xunta de Galicia disque está estudando eliminar o complemento das IITT ata o 100% para o persoal. Ante esta noticia hai que facer as seguintes precisións:
  • Na actualidade, a Seguridade Social fai a prestación económica seguinte, no réxime xeral: en caso de continxencia común, non paga nada os tres primeiros días; entre o 4º e o 20º, paga o 60%; e a partir do 21º, abona o 75%. En caso de accidente laboral, paga o 75% desde o primeiro día.
  • O artigo 30 do Convenio Colectivo vixente para o persoal laboral da Xunta garante o 100% das bases de cotización.

19 de xaneiro de 2012

Novos globos-sonda

A Xunta de Galicia está sondando máis recortes para o persoal. Entre estas medidas está a reducción dos días por asuntos paticulares, baixándoos a 6, e a reducción da aportación que fai a Xunta para as baixas laborais do persoal que estea na Seguridade Social.
Desde o conformismo non poderemos enfrontarnos a esta nove agresión. Amosemos a nosa oposición.

Nóminas

O DOG de hoxe publica a Orde pola que se ditan intruccións para a confección de nóminas para o ano 2012. Figuran, nos correspondentes anexos, os importes das retribucións, tanto básicas como complementarias, así como as pagas extraordinarias.

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo