27 de xaneiro de 2012

Feijóo anunciou novas medidas

Feijóo non indicou a que afectarían estes novos recortes, pero "pedirá" "algún sacrificio a algúns colectivos" e que "arrimen o ombro (sic)". Indicou tamén que os sindicatos serán os primeiros en saber os recortes.
A Xunta está estudando a redución dos días por asuntos particulares e dos complementos por baixas por incapacidade temporal, así como o copago nas prestacións farmacéuticas.

1 comentario:

  1. Que ninguén o dubide. Eses "colectivos" somos nós, os empregados públicos. Eu animo a todo o mundo a que reaccione con indignación, traballando exclusivamente a reglamento, facendo o mínimo imprescindible e tomando todas as medidas ao seu alcance para minimizar a merma de dereitos. E, por suposto, participando en tódalas accións de conflicto colectivo. A resignación e a falsa responsabilidade só dan lugar a novos ataques.

    ResponderEliminar

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo