21 de decembro de 2012

Que se aclaren dunha puñeteira vez!

Ante os rumores que se están estendendo entre o persoal da Administración pública galega, e á vista das diferentes noticias de prensa, a CGT esixe que o goberno de Feijóo aclare, inmediatamente, cales son as suas intencións ao respecto da redución salarial que, presuntamente, está prevista para o ano que ven. É unha burla que o Presidente faga pasar unha posible redución da paga extra como un incremento das retribucións (di que se cobraría máis que este ano). Outra posibilidade que se baralla a a redución do complemento específico dun xeito proporcional -que tampouco é un consolo- e que tería, como gravísima consecuencia, a consolidación da redución.

Alberto, por enriba, chantaxea aos traballadores dicindo que "ou hai redución salarial ou reducirase o cadro de persoal en 3.000 persoas". É unha coacción intolerable e un ataque á dignidade dos compañeiros pola que non podemos pasar. Somentes un canalla pode utilizar esta medida de presión nestas circunstancias e entrar a negociar esta proposta sería, non só un erro, senón unha traición a todo o colectivo.
Debemos seguir presionando e pelexando, aínda que as mobilización non teñan efectos evidentes ou inmediatos. Só así poderemos torcer o rumbo de desmantelamento e destrución que estes teñen fixado.

1 comentario:

  1. A reducción do complemento específico non é que sexa unha posibilidade, e que é o único xeito que ten a Xunta de facer recortes no noso soldo. Porque o resto dos conceptos retributivos son competencia esclusiva do Goberno central. A Xunta non pode eliminar a paga extra como tal, o que sí pode e recortar ou eliminar o complemento específico.

    ResponderEliminar

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo