27 de abril de 2017

Manifestacións do Primeiro de Maio

Este Primeiro de Maio, como ven sendo habitual nos últimos anos, a CGT maniféstase co sindicalismo combativo, en mobilizacións alternativas ao sindicalismo institucionalizado. Para a CGT, o Primeiro de Maio non é un festivo máis, senón o día da autoafirmación como clase, o da concienciación de pertenza á clase obreira.

Este ano, as citas son as seguintes:
  • Pontevedra: 12:45 - da praza da Ferrería á Subdelegación do goberno. Convoca CGT.
  • A Coruña: 12:30 - da praza de Pontevedra ao Campo da Leña. Convocan CGT, CUT, STEG, SF e SE.
  • Vigo: 11:00 - da praza de Fernando o Católico á praza de Reis. Convocan CGT, CUT, STEG, SE, SF e SX.
  • Ourense; 12:00 - da Ponte Romana aos Xardís do Padre Feijóo. Convocan CGT, CUT, CNT, STEG e ST.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo