26 de outubro de 2012

Os soldos públicos e o INE

Parecería que o INE está para facer estudos estatísticos que fosen útiles para o coñecemento da realidade na que vivimos, pero non sempre é así. Nestes últimos días, os medios de comunciación veñen bombardeando á poboación con afirmacións como "os salarios do sector público son un 37% superiores ao sector privado" e semellantes. Pois ben, para comprobar a falsidade desta afirmación non hai máis que ir á nota de prensa no que o INE fixo un resume do estudo.
O primeiro problema que se plantexa é que os datos son recollidos a partir dos boletíns de cotización á Seguridade Social, é dicir, deixa fóra a todos os mutualistas. Tamén deixa fóra todas as retibucións que non cotizan e que son frecuentes nas empresas privadas, como o famoso sobre en negro. Tamén recolle todos os soldos públicos, incluíndo non só directivos, senón asesores e políticos. Todo isto supón unha tremenda desviación do que se pretende averiguar.

Hai que dicir tamén que o estudo parte, como dato fundamental, do chamado "salario medio". Este "salario medio" nace despóis de establecer os grupos de cotización e sen ter en conta o número de traballadores de cada grupo, é dicir, non é a "media dos salarios", que é moito máis baixo. Isto evidénciase no mesmo estudo, que establece que o salario medio é de 22,790 euros, mentras que a media dos salarios é de 16.489 euros, más de 6.000 euros menos.
Finalmente, e para non aburrir, non se teñen en conta, para determinar a media dos salarios, as xornadas de traballo, sendo notorio que os contratos a tempo parcial son moito máis frecuentes no sector privado que no público e que son, ademáis, un foco de fraude empresarial coñecido e escasamente perseguido.
En definitiva, un estudo que serve ao goberno para seguir crucificando aos empregados públicos e aos medios de comunciación para facer grandes titulares e alimentar os instintos mási ruíns das persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo