24 de outubro de 2012

A Xunta de Galicia mente

A Xunta de Galicia fixo pública unha nota na que di que a cotización da paga extra a fará ela e que non suporá ningún desconto nas nóminas dos funcionarios. A CGT, ante esta nova mentira do goberno autonómico, quere aclarar, novamente, que a Lei de presupostos do estado para o ano 2012 (aprobado en xuño e que supoñía a eliminación da extra de decembro) indica que as bases de cotización serán as mesmas que había en decembro de 2010 e, polo tanto, as que había xa antes do recorte de Zapatero, que tamén decidiu non baixar as cotizacións a pesar da rebaixa do soldo no 5% (Real decreto-lei 8/2010).
En definitiva, a realidade é que os empregados públicos que están na Seguridade Social están cotizando por salarios de 2010 anteriores á rebaixa de Zapatero e que, no caso de este ano, mensualmente estase cotizando como se fosen haber pagas extradordinarias. Evidentemente, non haberá redución do salario en decembro porque xa se está cotizando desde xaneiro pola paga inexistente.

A diferencia entre os mutualistas e os afiliados á Seguridade Social é que os primeiros teñen as cotas repartidas en 14 mensualidades e, polo tanto, en decembro cotizarán como se cobrasen a paga (o dobre) e os do Réxime Xeral teñen as cotas repartidas en 12 mensualidades e, polo tanto, xa cotizan mensulamente o prorrateo das pagas extras.
En definitiva, outra mentira dos gobernos para botar balóns fóra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo