12 de abril de 2012

A ministra de Sanidade ve factible o copago este ano

Ana Mato, a ministra de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, ve factible aplicar este ano o copago das receitas segundo os ingresos de cada paciente, dado que se poden cruzar os datos informáticos de Facenda e Sanidade para levalo a cabo.
Ana Mato Androver, outra lumbrera que leva sen traballar desde o ano 1983 -non consideramos traballo os seus cargos políticos- súmase ao coro dos que pretenden desmantelar a sanidade dividindo aos enfermos entre "pudientes" e "no pudientes", utilizando o camiño da conversión da sanidade pública nunha sanidade de beneficencia ao botar fóra a aqueles que teñan máis ingresos, encamiñándoos á sanidade privada.
Non podemos consentir a destrución do sistema. Loitemos contra eles mediante a mobilización, a desobediencia, a insumisión, a presión. Non nos deixemos roubar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo