13 de abril de 2012

Cafelito e periódico

Antonio Beteta, nada menos que o Secretario de Estado das Administracións Públicas, botou a lingua a pacer nunha charla e dixo que os empregados públicos deberían de olvidarse de "tomar el cafelito y de leer el periódico".
Estamos os traballadores xa fartos de que os chamados responsables políticos teñan como deporte disparar contra os empregados públicos e sinalalos como culpables dunha crise da que non temos nin arte nin parte. E máis fartos de individuos como este Antonio Beteta que leva desde hai 29 anos mamando das ubres democráticas, é dicir, sen ter un traballo honrado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo