8 de abril de 2012

Recortes en sanidade e educación

Nunha entrevista nun diario alemán, o ministro de Economía, Luis de Guindos, ven de anunciar reformas nos servizos públicos, "sobre todo en sanidad y educación". Non explicou en que consisten as reformas, pero, dada a traxectoria deste goberno, podémolo ir supoñendo. Tamén temos que agradecerlle ao señor ministro que o anuncio o fixera nun diario alemán, así a señora Merkel enterarase antes que os seus súbditos españois do que vai ser das súas vidas.
Por outro lado, tamén hai que aprezar que un home como De Guindos, cun currículum tan destacado como ter sido o home en Europa da banda de estafadores coñecida como Lehman Brothers, adique agora os seus esforzos en amañar a economía española. Manda carallo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo