14 de xullo de 2010

Os buitres da CEOE andan á espreita

A CEOE (a organización dos explotadores deste país) ven de enviar a Zapatero un "plan" para sanear a economía. Segundo esta organización de piratas, a solución pasa pola toma de decisións como "reducción del número de funcionarios y de empresas públicas y una mayor participación del sector privado en la prestación de servicios públicos". Propoñen a Zapatero a reducir aos empregados públicos "menos productivos" e "ajustar el recorte de salarios según la productividad".
E logo din que, con estes tipos, temos que colaborar para levantar o país.

2 comentarios:

  1. ...pero dos 5.500 millóns de euros que os clubs de fútbol deben a Facenda e á Seguridade Social non se lembran, ou alomenos non lin nada nesas recomendacións. Claro, e mellor meterlle man aos funcionarios, total, ademáis de que non se mobilizan nunca para reclamar os seus dereitos, é unha medida aplaudida pola maioría da sociedade. E se de paso consiguen avanzar cara umha maior privatización dos servizos públicos xa nin che conto. Sonche listos estes corvos da CEOE. Mágoa que teñan aos do ZP de xeonllos ante eles.

    ResponderEliminar
  2. A min o que máis me cabrea é que a CEOE teña a cara de dar "alternativas" á situación, cando ten como representante a un tipo que, polo menos, debería estar na cárcel. Iso nos dá un retrato certeiro do que é a CEOE, do que son os seus dirixentes e do que é o empresariado en xeral.

    ResponderEliminar

Confederación Xeral do Traballo

Confederación Xeral do Traballo