Dentro das mobilizacións convocada pola CGT e outros sindicatos en protesta pola situación dos traballadores e as medidas de recortes laborais e socials, o día 29, xoves, celebraranse, entre outros, os seguintes actos:
Vigo: manifestación, desde as 20:00 na praza de Fernando o católico.
A Coruña: concentración, desde as 12:00 horas, ante a Delegación do Goberno, na Praza de Ourense.
A CGT fai un chamamento a todos os traballadores e cidadanía en xeral para a participación nas mobilizacións.
21 de setembro de 2011
15 de setembro de 2011
Persoal laboral grupo V
O DOG de hoxe publica a resolución pola que se fai pública a relación de admitidos e excluidos do concurso 01/2011 para a provisión de postos de traballo do persoal laboral do grupo V. A resolución pódese consultar aquí. Os interesados teñen un mes de prazo para interpoñer reclamacións administrativas.
9 de setembro de 2011
29 de setembro: a loita está na rúa. Cara a Folga Xeral
A CGT, con outras organizacións de traballadores, ven de facer público o seguinte comunicado:
A CGT volve gañarlle á Xunta
O TSXG dalle a razón á CGT e anula o artigo 6.3 da Oferta de
Emprego Público de 2008
O luns pasado coñecíase a
sentenza contra a impugnación da Oferta de Emprego Público de 2008 que
CGT-Xunta interpuxera xa hai 3 anos. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
anula tal como solicitaba a CGT o artigo 6.3) do Decreto 88/2008 que
imposibilitaba aos subalternos para acceder ao sistema de recalificación de
praza no caso de promoción interna.
Segundo o TSXG dita exclusión do
persoal subalterno “incurre, sen dúbida, nunha discriminación contraria ao
principio de igualdade (…) e nunha medida arbitraria que vai moito máis alá da
configuración mesma deste tipo de prazas ocupadas por subalternos, da potestade
organizadora da Administración…”
Así as cousas, coa anulación do
artigo 6.3) o persoal subalterno que participara na promoción interna e que
quera que a súa praza como subalterno sexa recalificada a auxiliar poderá
eisixilo ao amparo desta sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
25 de agosto de 2011
Morrendo e couceando
Zapatero ven de anunciar unhas novas medidas disque para "fomentar o emprego". As medidas anunciadas son as seguintes:
- Elevar a idade dos contratos formativos ata dos 25 aos 30 anos: Reformar estes contratos, que é unha bolsa de fraude evidente dentro das empresas, é entregar atados de mans e pés aos traballadores novos, que se verán obrigados a aceptar condicións de escravitude aínda máis duras que as actuais.
- Eliminar a prohibición dos encadeamentos de contratos temporais: Supón a legalización do fraude máis xeralizado, que é o encadeamento de contratos en fraude de lei.
- Pagamento, por parte do FOGASA de 8 días en caso de despedimento dos contratos indefinidos de 20 días de indemnización: É a subvención do despido e, polo tanto, o abaratamento para os empresarios.
Zapatero e o PSOE consumarán esta nova agresión aos traballadores, co beneplácito non declarado do PP. Aprendamos con quen nos xogamos o futuro.
24 de agosto de 2011
Non teñen vergoña
Que o Parlamento e o Goberno non son máis que manifestacións da inxusta xerarquización social e que está ao servizo dos poderosos é algo que os anarcosindicalistas temos claro desde sempre, así que non nos sorprende en absoluto o seu sometemento aos intereses do capitalismo máis voraz. Que a Constitución é pouco máis que un papel cheo de literatura sen contido real é algo que sempre denunciamos, así que tampouco nos escandaliza que a fagan ou desfagan consonte aos intereses citados.
Pero o que non é tolerable é que, cun Parlamento morto, a dous meses das eleccións, sen que ningún partido a levase non seus programas, sen debate social, sen consultas, o goberno pretenda facer unha modificación-exprés da Constitución para axeitala ás suxestións da dereita más rancia de Europa. Só desde o servidume duns políticos e a inmoralidade do resto deles se pode xustificar a intentona. Non deberíamos quedármonos cos brazos cruzados.
16 de agosto de 2011
Pero que máis moderación salarial queren?
Elena Salgado, vicepresidenta do goberno, esta a favor da moderación salarial plantexada polo candidato Rubalcaba, pero estendéndoa ao sector público. Anunciou tamén que o goberno non elaborará os presupostos do ano que ven -polo tanto, prorrogaranse os de este ano cunha suba do 0% nas retribucións dos empregados públicos- e animou aos sindicatos a participar na escabechina.
Despois da rebaixa do 5% do ano pasado e do 0% deste ano cunha inflación superior ao 3% vir agora falando de moderación salarial é unha burla aos traballadores. Sobre todo cando se teñen, como Salgado, un millón de euros en patrimonio, polo menos.
Despois da rebaixa do 5% do ano pasado e do 0% deste ano cunha inflación superior ao 3% vir agora falando de moderación salarial é unha burla aos traballadores. Sobre todo cando se teñen, como Salgado, un millón de euros en patrimonio, polo menos.
10 de agosto de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Confederación Xeral do Traballo
